Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar Plus+ estrea un plan con cine e series por 4,99 euros/mes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Movistar Plus+ estrea un plan con cine e series por 4,99 euros/mes

Redacción
Publicado: 05/05/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

49420ed3-5fc7-0583-a2ac-dd51615fe59a.jpgMovistar Plus+ incorpora unha nova opción de subscrición máis económica centrada exclusivamente en contidos de ficción e entretemento, o Plan Libre: Cine y Series por 4,99 euros ao mes, unha modalidade sen deporte que convivirá co plan xa existente de Cine, Series y Deporte por 9,99 euros mensuais e co recente Plan Gratuito, que ofrece acceso sen custo a unha selección de programas propios.
A nova proposta busca adaptarse aos usuarios que non teñen interese nas retransmisións deportivas, reforzando a estratexia de segmentación da oferta segundo os hábitos de consumo. Mantense así a aposta por un catálogo amplo e diverso, cun prezo máis axustado para quen prioriza películas, series, documentais e entretemento.
A subscrición inclúe acceso a máis de 70 canles de información e entretemento internacional, entre elas Discovery HD, AXN, Warner Bros, TCM, National Geographic, CNN ou BBC News. O catálogo cinematográfico incorpora producións propias e títulos participados pola plataforma, como Los Domingos, Sirat, La cena, Sorda ou Maspalomas, xunto con filmes internacionais como Valor Sentimental, Pecadores ou Materialistas.
A oferta de series combina estreas recentes de produción propia, como Yo siempre a veces ou Por cien millones, con títulos consolidados como Querer, Los años nuevos, Celeste, La Mesías ou Antidisturbios. Tamén se inclúen producións internacionais de éxito, entre elas Outlander ou Más que rivales.
Os documentais ocupan un lugar destacado, con propostas de true crime ligadas a Carles Porta e producións orixinais como Cuando nadie me ve (centrada en Alejandro Sanz), Lola ou Raphaelismo, ademais de contidos internacionais da BBC e diversas biografías.
A programación complétase con formatos de lecer propios como Ilustres Ignorantes, El consultorio de Berto, Leo Talks, El día después ou Eurofighters. O plan mantén funcionalidades habituais da plataforma, como dúas reproducións simultáneas, acceso multidispositivo, control do directo e descarga de contidos para visualización sen conexión.
O lanzamento acompáñase dunha campaña publicitaria en medios dixitais e televisión baixo o lema «No podrás ver otra cosa», que introduce o prezo de 4,99 euros de maneira integrada en escenas de series e películas para reforzar a súa visibilidade.
A contratación realízase sen permanencia e está aberta a calquera usuario, independentemente do operador de Internet. O rexistro pode facerse a través da web de Movistar Plus+ ou da súa aplicación en distintos dispositivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?