Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Filmoteca de Galicia presenta a nova recuperación dixital de curtas producidas por Víctor Ruppen
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

A Filmoteca de Galicia presenta a nova recuperación dixital de curtas producidas por Víctor Ruppen

Redacción
Publicado: 25/05/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fendetestas2.jpgA Filmoteca de Galicia celebra este martes ás 20:30 horas, na sala José Sellier da Coruña, unha sesión especial centrada na recuperación de cinco curtametraxes producidas polo coruñés Víctor Ruppen entre 1975 e 1977. As proxeccións, integradas na sección Materiais para unha historia do cine en Galicia, permitirán ver novas restauracións dixitais de Fendetestas, Illa, O herdeiro, O cadaleito e O pai de Migueliño, nun labor desenvolvido pola Xunta de Galicia en colaboración con Filmoteca Española.
illa.jpg A sesión será de balde e contará coa participación de persoas vinculadas aos equipos das películas, así como á contorna familiar e profesional de Víctor Ruppen (A Coruña, 1940-2018), unha figura fundamental para comprender unha etapa decisiva na consolidación dun cinema galego con continuidade, aspiración profesional e vontade de conectar co público.
Arquitecto técnico de formación, Ruppen produciu un total de sete filmes e participou como socio nas cadeas de exhibición Valle-Inclán, en Santiago de Compostela, Alphaville, en Madrid, así como nas distribuidoras Musidora e Videogram. Despois de apoiar proxectos en súper 8, impulsou desde 1975 a transición cara a formatos profesionais, promovendo producións en 16 mm e 35 mm que abriron novas posibilidades de creación e distribución para os cineastas da época.
o_herdeiro.jpg O ciclo recupera cinco obras que, desde perspectivas e autorías diversas, compartiron a intención de producir cinema en galego e en formatos que permitisen superar a marxinalidade amateur nun período marcado pola efervescencia cultural e política.
A sesión abrirase con Fendetestas, dirixida por Antonio F. Simón en 1975 e rodada en 35 mm, unha historia sobre un home que, condicionado polas circunstancias sociais da década dos corenta, acaba convertido en salteador de camiños. A continuación proxectarase Illa, de Carlos A. López Piñeiro, centrada na resistencia dun mozo mariñeiro a abandonar unha illa cada vez máis orientada ao turismo.
o_cadaleito.jpgCompletarán o programa O herdeiro, de Miguel Gato, sobre o regreso dun neto á aldea para asumir a herdanza do avó; O cadaleito, de Enrique Baixeras, arredor das relacións sociais no rural galego; e O pai de Migueliño, de Miguel Castelo, que recolle as lembranzas dun mozo antes de emigrar.
Co paso do tempo, estas curtametraxes acadaron unha consideración destacada dentro do cinema galego, tanto pola incorporación de elementos propios da identidade cultural galega como pola aposta por unha produción continuada arredor da curtametraxe.
o_pai_de_miguelinho2.jpg A presentación destas restauracións en formato dixital enmárcase no labor da Filmoteca de Galicia para recuperar, conservar e divulgar o patrimonio audiovisual galego. O centro audiovisual da Xunta asumiu a redixitalización completa de Illa, mentres que o resto das obras forman parte dun traballo conxunto con Filmoteca Española, institución na que se conservaban os negativos orixinais. Esta colaboración permitiu restaurar as fitas, facilitar o seu regreso ás pantallas en condicións renovadas e asegurar a súa preservación de cara ao futuro.
A través da sección Materiais para unha historia do cine en Galicia, a cinemateca galega mantén unha programación estable dedicada á revisión de filmes, arquivos e documentos esenciais para comprender a evolución da creación audiovisual galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?