A finais de 2024 ChatGPT estreouse en WhatsApp de xeito que podiamos conversar co chatbot de OpenAI sen ter que instalar a súa aplicación móbil, simplemente engadindo na axenda do teléfono o número 1 (800) 2428478, pero o ano pasado Meta mudou as normas de WhatsApp Business, expulsando da aplicación a servizos como ChatGPT, Copilot e LuzIA, levando a que a Comisión Europea iniciase unha investigación que concluíu ordenando a Meta restablecer o acceso de balde aos asistentes de IA de propósito xeral á API de WhatsApp Business.
Finalmente ChatGPT volve estar dispoñible en WhatsApp dentro do territorio europeo, facilitando así a posibilidade de conversar mediante texto, enviar notas de voz, analizar e editar imaxes, buscar información, realizar traducións e resumir textos longos directamente dende a aplicación de mensaxería instantánea, comunicándonos con ChatGPT como se fose unha persoa máis, o que pode resultar práctico en moitas ocasións.
ChatGPT volve a WhatsApp
Compartir Este Artigo
