
Hai preto de dous meses, no marco do State of Play, dende PlayStation anunciaron que Santa Monica Studio estaba a preparar o xogo God of War Laufey para PlayStation 5, sen detallar a data de lanzamento deste spin-off da saga de xogos de Kratos, que nesta ocasión adoptará un enfoque bastante diferente, dado o carácter da súa protagonista.
Pero a principal incógnita de God of War Laufey xa non é tal, e dende Santa Monica Studio anunciaron que o xogo chegará o 16 de febreiro de 2027, polo que finalmente non sería moi longa a espera para tal lanzamento, recortando tamén a distancia a un potencial novo xogo protagonizado pola Pantasma de Esparta.
God of War Laufey arrinca tras a morte da esposa de Kratos, con Laufey (Faye) espertando nunha terra estraña e descubrindo que están en perigo os plans que puxo en marcha para protexer a Kratos e Atreus na súa ausencia, polo que debe atravesar o alén dos deuses, superando numerosos inimigos servíndose da súa velocidade, control e persistencia.

