
O vindeiro venres chega ás salas cinematográficas o filme El Motín (Mutiny) protagonizado por Jason Statham (Beekeeper, Megalodón, Transporter), Annabelle Wallis (Peaky Blinders) e Adrian Lester (El día de mañana). No filme, o protagonista, Cole Reed, é incriminado inxustamente polo asasinato do seu xefe multimillonario e, tras embarcarse nun buque de carga para vingar a súa morte, destapará unha perigosa conspiración internacional.

Pero a grande sorpresa non está nos tópicos que poidan explotarse neste thriller de acción, senón no feito de que nas últimas horas a produción apareceu no catálogo de Prime Video nos EE.UU., permitindo que os subscritores de pagamento do servizo audiovisual de Amazon puidesen ver o filme completo sen maior problema pese a que está a un par de días de chegar aos cines.
Finalmente a película estivo presente na plataforma de streaming durante unhas 4 horas, tempo dabondo para que se fixesen copias de calidade da mesma, o que podería ter un impacto directo na asistencia ás salas de circulares estas copias masivamente pola Rede como ten acontecido en ocasións anteriores, aínda que neste caso a responsabilidade recae directamente nunha grande plataforma de distribución, o que podería ter consecuencias económicas para a mesma.

