
Os contidos sonoros foron historicamente marxinados polas plataformas sociais (normalmente para evitar problemas coas infraccións de copyright), polo que sorprende que Threads estea a probar novas ferramentas para facilitar a promoción de podcasts.
Unha destas novas funcionalidades, que están a probar dende contas como 7PM in Brooklyn, permiten compartir episodios de podcasts nun formato bastante orixinal: unha caixa de reprodución que facilita o acceso ao podcasts a través dunha ligazón á vez que reproduce un fragmento sonoro á vez que se amosa a súa transcrición. Deste xeito incluso é posible coñecer o contido dun podcast cando non é posible escoitalo, mellorando a súa accesibilidade e facilitando a súa promoción.
Polo momento non hai detalles sobre cando estarán dispoñibles as ferramentas que están a desenvolver dende Threads, pero de seguro que moitos creadores agradecerán a existencia de ferramentas deste tipo que, de callar en Threads, poderían chegar posteriormente a outras plataformas sociais de Meta.

