
A Xefatura da Comandancia da Garda Civil da Coruña organizou a semana pasada unha xornada formativa sobre custodia de evidencias dixitais en Santiago de Compostela, onde lle fixo entrega dun obsequio institucional ao vogal do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), Iván Luis Vázquez, que participou no evento como relator.
A instrución, impartida no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago, capacitou aos axentes na detección e intervención de fontes de proba electrónicas.
O programa práctico profundou no empaquetado seguro, etiquetado e estrcta preservación da cadea de custodia en teléfonos móbiles, ordenadores e contornas na nube.
A acción formativa axudará a reforzar a seguridade xurídica e a redacción de atestados para asegurar a plena validez das probas dixitais ante os órganos xudiciais.

