Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

Redacción
Publicado: 24/11/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Mozilla denuncia que Apple continúa poñendo trabas á chegada de navegadores con motores propios ao iPhone, case tres anos despois de que a Unión Europea obrigase a abrir esta posibilidade a través da Lei de Mercados Dixitais (DMA). A pesar dos cambios normativos, ningún desenvolvedor conseguiu publicar en iOS un navegador que non estea baseado en WebKit, o motor desenvolvido por Apple.

Contidos
  • Os atrancos postos por Apple
  • Mobilización masiva contra Apple

A organización responsable de Firefox considera que as condicións impostas por Apple fan practicamente inviable aproveitar a apertura regulatoria. A DMA obrigou a permitir motores de navegación alternativos na Unión Europea, pero Apple estableceu unha serie de requisitos técnicos e administrativos que, segundo Mozilla, dificultan enormemente a súa aplicación práctica. Xapón tamén aprobou normas para permitir estas alternativas e recibiu unhas condicións moi semellantes ás europeas.

O problema afecta directamente á posibilidade de levar Gecko, o motor de navegación de Mozilla, aos dispositivos móbiles de Apple. Firefox utiliza este motor nas principais plataformas, incluído macOS, pero en iPhone e iPad debe funcionar sobre WebKit. Esta limitación impide ofrecer aos usuarios de iOS determinadas características e funcionalidades que dependen da tecnoloxía propia do navegador.

Os atrancos postos por Apple

Mozilla explica que as condicións de Apple chegan a obrigar a desenvolver unha aplicación independente para utilizar Gecko. Isto significa que non sería posible actualizar simplemente a versión de Firefox xa instalada nos iPhone, senón que habería que crear unha segunda aplicación e pedir aos usuarios que a descargasen, trasladando manualmente os seus marcadores, contrasinais e historial de navegación.

O proceso tamén obrigaría a cambiar de aplicación e realizar unha serie de operacións que poderían provocar que unha parte dos usuarios abandonase a transición. Mozilla considera especialmente contraditorio que se impoñan estas dificultades despois de que millóns de europeos escollasen Firefox como navegador predeterminado tras a introdución das pantallas de selección esixidas pola normativa comunitaria en 2024.

«As condicións que impón Apple, incluído un nivel de fricción para os usuarios que Apple nunca aceptaría para as súas propias aplicacións, fan que a porta aberta se pareza máis a unha trampa», sinalan desde Mozilla.

Firefox rexistrou un crecemento significativo no iPhone desde a entrada en vigor da DMA, especialmente na Unión Europea, onde o uso diario do navegador se duplicou. A organización considera que os usuarios que escolleron unha alternativa independente deberían poder acceder tamén ao motor de navegación que a diferencia doutras opcións do mercado.

Mozilla asegura que continuará traballando para conseguir que Gecko poida chegar a iOS e reclama que a apertura establecida pola lexislación europea se traduza en cambios reais, non só nunha autorización formal que resulte imposible aproveitar na práctica.

Mobilización masiva contra Apple

Paralelamente organizouse unha coalición de 55.000 empresas europeas contra as restricións que Apple mantén no seu ecosistema. O colectivo reclama unha aplicación efectiva da normativa comunitaria e unha maior apertura das plataformas dixitais, incluída a posibilidade de competir en igualdade de condicións cos servizos integrados de Apple.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?