Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

S. P.
Publicado: 26/11/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O Concello de Boiro habilitou na páxina web municipal un mapa interactivo para coñecer os distintos investimentos que se teñen realizado nos distintos núcleos do termo municipal. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Administración Xeral, Raúl Treus, presentaron hoxe o a nova aplicación.

Explicaron que nova ferramenta dixital permite coñecer as actuacións e os proxectos executados, así como consultar información sobre os seus importes, anualidades e fontes de financiamento.

“O Concello de Boiro conta cunha oficina de subvencións mediante a que se xestionan arredor de 2,5 millóns de euros anuais de fondos doutras administracións e esta ferramenta serve para publicitar tamén esas contribucións”, afirmou o concelleiro Raúl Treus.

Trátase dun mapa dixital que recolle información dos proxectos e actuacións municipais, a través do que as persoas usuarias poden localizar os proxectos no mapa e acceder á información detallada de cada actuación, incluíndo aspectos como a súa denominación, categoría, ano de execución, importe total, orzamento subvencionable e entidades ou administracións participantes no seu financiamento.

O mapa incorpora, ademais, diferentes opcións de busca e filtros que permiten consultar os datos por tipoloxía de actuación, anualidade ou fondo de financiamento, así como localizar proxectos concretos por nome, parroquia ou entidade.

Mediante esta iniciativa o Concello de Boiro quere avanzar en transparencia e información á cidadanía, facilitando que calquera persoa poida consultar as actuacións que se realizaron no seu entorno.

“É unha ferramenta innovadora e de gran utilidade para que a veciñanza poida coñecer o que se está a facer en todo o municipio, rompendo ese mito de que só se fan obras nos núcleos grandes”, recoñeceu o alcalde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







							banner							
							banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026
Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?