4 novos radioenlaces dixitais mellorarán os servizos da Xunta e a cobertura da TDT

venres, 5 de setembro do 2008

Retegal, en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, vén de despregar catro novos tramos de radioenlaces dixitais para a mellora da conectividade dos centros de difusión da Xunta de Galicia e da cobertura da TDT. Cada un dos novos radioenlaces pode transportar datos a unha velocidade de 34 megabits por segundo en ambos sentidos de xeito simultáneo.
Os novos equipos van dar servizo principalmente aos concellos de Arteixo, Culleredo, Cee e Viana do Bolo, mellorando a calidade das transmisións da TDT e facilitando o despregue de futuros servizos de comunicación dixital.

PUBLICIDADE