
No caso de Compostela, o actual equipo de Goberno valorou o importante despegue dado pola cidade nos últimos anos en materia de goberno participativo, dixital e democrático, xa que a nota conseguida hai só tres anos, en 2014, foi só do 66,3. No conxunto do Estado, Santiago ocupa o posto 66 nunha lista de 110 concellos.
No que se refire a fitos composteláns en materia de transparencia, o Concello salienta a Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da administración do Concello de Santiago (un texto baseado nunha ordenanza redactada pola FEMP pero máis esixente no que ten que ver coas entidades que están obrigadas a publicar a información, incluíndo ás concesionarias de contratos administrativos). Ademais, o Concello lembrou que forma parte do proxecto Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable, o proxecto de Administración Electrónica habilitado xunto coa Coruña, Madrid e Zaragoza, e cuxo obxectivo é “o desenvolvemento pleno das políticas de goberno aberto nas cidades participantes, baseado en avances tecnolóxicos dos datos abertos, a participación cidadá e a transparencia”.
80 indicadores
O Índice de Transparencia dos Concellos é unha ferramenta para medir o nivel de transparencia dos municipios españois ante a cidadanía. Nesta edición, a sexta, avaliouse a transparencia de 110 concellos, a través dun conxunto integrado de 80 indicadores.
As seis áreas de transparencia avaliadas son: transparencia activa e información sobre a corporación municipal; páxina web e participación cidadá; transparencia económico-financeira; transparencia nas contratacións, convenios, subvencións e custos dos servizos; transparencia en materia de urbanismo, obras públicas e medio ambiente; e dereito de acceso á información.
Vigo e Santiago, á cabeza da nosa terra en materia de transparencia
Compartir Este Artigo
