O Operador Móbil Virtual (OMV) República Móvil, que rematou o ano pasado abandonando a infraestrutura de MásMóvil para chegar a un acordo con Orange que lle garante un mellor funcionamento e unha maior flexibilidade de tarifas, vén de estrear unha das ofertas máis competitivas do mercado español de telefonía móbil ao ofrecer o bono de 1 GB de datos máis barato do mercado por só 3,95 euros, á vez que tamén ofrece bonos bastante atractivos como o de 15 GB por 15,95 euros/mes.
No que a servizos de voz se refire República Móvil tamén ten opcións moi interesantes, xa que adáptase tanto para quen fai un uso reducido como para quen o fai intensivo, de xeito que por 0 euros/mes ofrece a posibilidade de pagar só polo que se consome, por 3,95 euros/mes achega 100 minutos en chamada e por 6,95 euros/mes ten unha tarifa plana de voz. Combinando estas ofertas, por 10,9 euros/mes ofrecería chamadas ilimitadas e 1 GB de datos.
A estrutura de tarifas de República Móvil non é a mellor para usuarios cun elevado consumo de datos, pero para quen fai un uso moderado da banda larga móbil pode resultar unha oferta moi axeitada.
República Móvil renova as súas tarifas
Compartir Este Artigo
