Dende que os ordenadores de Apple funcionan con procesadores Intel teñen moito máis doado o contar cunha oferta de software, xa que, aparte das aplicacións para macOS, tamén poden correr Windows mediante arranque dual (Boot Camp) ou con solucións de virtualización, entre as que destaca Parallels Desktop, solución que o ano pasado estreou versión 12 para adaptarse a macOS Sierra e agora repite a xogada e estrea Parallels Desktop 13, versión preparada para macOS High Sierra e Windows 100 Fall Creators Update, ou sexa, que anticípase ás actualizacións de macOS e Windows que chegarán no outono.
Esta solución permite correr programas de Windows no Mac sen ter que mudar de sistema operativo, de xeito que as aplicacións de Windows poden verse como se fosen nativas de macOS, o que resulta moi cómodo para os millóns de usuarios de ordenadores de Apple que precisan no seu día a día algunha aplicación que non está dispoñible para o sistema operativo da compañía de Cupertino. Ao non precisar de empregar arranque dual para correr as aplicacións de Windows, Parallels permite uns fluxos de traballo eficientes, cun rendemento moi bo e facilitando o intercambio de ficheiros entre ambos sistemas operativos.
A nova versión de Parallels Desktop acelera o acceso a documentos de Windows ata un 47%, permite que as aplicacións de Windows tiren proveito de Touch Bar do MacBook Pro, mellora a compatibilidade coas pantallas Retina, aproveita mellor a velocidade das unidades externas USB 3.0 e Thunderbolt e incluso integra protección fronte ás actualizacións de Windows.
Aínda que Parallels Desktop 13 está destinado principalmente para correr Windows 10/8.1/7 baixo macOS tamén é posible empregalo para utilizar Linux e Chrome OS.
Parallels Desktop 13 anticípase ás actualizacións de outono de macOS e Windows 10
Compartir Este Artigo
