Parallels Desktop 12 mellora a virtualización de Windows 10 en Mac
xoves, 18 de agosto do 2016
Unha
das grandes vantaxes dos ordenadores de Apple ao adoptar procesadores de Intel
é a posibilidade de poder correr Windows, de xeito que o usuario non queda
restrinxido ás aplicacións para OS X, pero o xeito ordinario de facer iso é
mediante Boot Camp, unha ferramenta que permite elixir o sistema operativo no
que se inicia o sistema, e para evitar que se teña que reiniciar o ordenador
cando se queira empregar unha aplicación de Windows existen solucións que
virtualizan o sistema operativo de Microsoft dentro do contorno de Apple, sendo
a máis popular Parallels Desktop, que xusto hoxe presentan a súa actualización á versión 12.
Con Parallels Desktop 12 para Mac conséguese a virtualización total de Windows
10 baixo macOS Sierra, ou sexa, que está xa adaptado á vindeira versión do
sistema operativo de Apple, conseguindo unha mellora de rendemento de ata o
25%, que no caso dos videoxogos tamén promete melloras, de xeito que serÃa a
primeira versión de Parallels Desktop capaz de correr o xogo Overwatch de Blizzard, o grande éxito
dos últimos meses, que xa superou os 15 millóns de copias vendidas e carece de
versión para OS X. A ferramenta de virtualización tamén permite executar a
aplicación oficial de Xbox para Windows 10, o que permite retransmitir as
partidas de Xbox One para poder xogalas remotamente dende Mac.
Parallels Desktop 12 tamén incorpora un programador de actividades de Windows
para que se realicen automaticamente en perÃodos nos que non interrompan a
actividade do usuario, permite controlar o almacenamento utilizado polas
máquinas virtuais a través da función Sierra Storage Optimization de macOS,
permite gardar os contrasinais de Microsoft Edge e Internet Explorer no
chaveiro de Mac, permite asignar comportamentos especÃficos ás aplicacións de
Windows (como definir as que se abren sempre a pantalla completa), fai doada a
cancelación de accións que requiren moito tempo na máquina virtual e mellora a
compatibilidade coa pantalla Retina.
O prezo de Parallels Desktop 12 é de
79,99 euros, mentres que os usuarios das versións 10 ou 11 poden actualizar por
49,99 euros. A aplicación inclúe 500 GB de almacenamento en liña de balde (durante
1 ano) para copias de seguridade incrementais.
Por 99,99 euros/ano tamén está dispoñible unha edición profesional de Parallels
Desktop 12 (que custará só 49,99 euros/ano aos usuarios que proveñan dunha
versión anterior) que inclúe adicionalmente un complemento para Microsoft
Visual Studio, compatibildiade coas ferramentas de desenvolvemento, deseño e
proba máis utilizadas, ferramentas avanzadas de rede, compatibilidade coa nube
empresarial e soporte por teléfono e correo electrónico.
VÃdeo no que expoñen as principais novidades de Parallels Desktop 12
