
O encargado de abrir os relatorios da cita compostelá (logo da benvida oficial) será precisamente o decano do COETG, Julio Sánchez Agrelo. Farao ao fío das 9.00 horas na compaña de Francisco Verderas, director xerente da Asociación @asLAN. De contado, presentarán tecnoloxías avanzadas os responsables de empresas como Nutanix, Flytech, Schneider ou Dell.
Segundo reflicte o COETG, desenvolverase na xornada “un extenso programa no que se abordará o papel das tecnoloxías en rede para impulsar a transformación dixital” e ofrecerase “unha ampla perspectiva sobre importantes tendencias de futuro e solucións tecnolóxicas dispoñibles para construír plataformas dixitais aliñadas co negocio, tocando cuestións como a Internet das Cousas, a mobilidade ou a nube híbrida”.
A nova xira @asLAN chega en setembro a Santiago da man do COETG
Compartir Este Artigo
