En agosto presentouse, non sen certa trampa, a 8ª xeración de procesadores Intel Core, e comentamos que a presentación foi arteira porque limitouse a un par de procesadores destinados a equipos portátiles, que claramente non son os que serven de referencia en potencia e prestacións en cada xeración, pero a espera a uns procesadores Intel Core de 8ª xeración para equipos de escritorio non se fixo agardar moito, e xa están aquí, de xeito que a partires do 8 de outubro poderanse mercar estes novos procesadores de grande interese para xogadores intensivos, creadores de contido e usuarios que empregan os seus equipos forzando as súas velocidades de reloxo para levalos ao seu nivel de rendemento máximo.
Temos así que Intel xa ten listos novos procesadores Intel Core i3, i5 e i7, entre os que destacan os primeiros procesadores Core i5 de 6 núcleos e os primeiros procesadores Core i3 de 4 núcleos.
O procesador máis potente da nova xeración será polo momento o Intel Core i7-8700K, capaz de empregar velocidades de reloxo de 4,7 GHz cun único núcleo, para o que fai uso da Intel Turbo Boost Techonology 2.0, conseguindo un rendemento impresionante tanto en aplicacións de 1 como de varios fíos.
Intel transmítelle aos xogadores que estes novos procesadores supoñen mellorar un 25% o número de imaxes por segundo que poden moverse en xogos como Gears of War 4, mentres que aos creadores de contido promételles unha edición de vídeo 4K en 360 graos ata un 32% máis rápido que na 7ª xeración dos seus procesadores. Melloras interesantes que farán que os que queiran adquirir un ordenador nos vindeiros meses teñen en conta os novos procesadores para garantir unha maior vida dos seus equipos.
Os procesadores Intel Core de 8ª xeración chegan aos ordenadores de sobremesa
Compartir Este Artigo
