A pasada fin de semana emerxeron na Rede copias de alta calidade do filme Thor: Ragnarok, que non estará dispoñible para o mercado doméstico ata dentro dun mes, o que resulta especialmente rechamante, xa que a fiestra establecida entre a estrea cinematográfica e a doméstica era de catro meses, e o feito de que os consumidores poidan conseguir o filme con antelación pode erosionar seriamente os resultados comerciais da peza.
Pero desta volta non estamos ante unha copia roubada ao estudio ou dunha gravación nun cine, senón que tratouse simplemente dun accidente por parte de iTunes, tenda de descargas de Apple, que facilitou que os usuarios que mercasen anticipadamente a película puidesen acceder á mesma.
Entre as persoas que puideron descargar Thor: Ragnarok a través de iTunes destaca o feito de que non fixeran a reserva directamente na tenda de Apple, senón noutras plataformas dixitais asociadas, polo que podería tratarse dun bug que facía posible saltar a data de estrea (que en iTunes nos EE.UU. sería o 19 de febreiro, mentres que en formato físico en España teremos que agardar ao 7 de marzo).
O grupo que fixo circular a copia da película a través da Internet asegurou que tiveron que traballar unhas 10 horas para eliminar a protección anti-copia de Thor: Ragnarok, demostrando unha vez máis que as tecnoloxías de DRM continúan lonxe de ser efectivas.
Un fallo de iTunes facilitou a filtración á Rede de Thor: Ragnarok
Compartir Este Artigo
