Aínda que o formato de imaxes animadas GIF estaba chamado a desaparecer, nos últimos anos recuperou folgos e converteuse no sustento de numerosos memes na Rede, conformando un inmenso catálogo de imaxes animadas que nas redes sociais empréganse frecuentemente a xeito de resposta rápida e que agora dende Instagram tiveron a ben aproveitar, non como un formato de vídeo que publicar, senón como un novo tipo de adhesivos para as historias.
Dende agora, cando publicamos unha fotografía ou vídeo nas nosas historias podemos engadirlle unha imaxe GIF como adhesivo, que poderemos elixir entre os centos de milleiros de imaxes animadas que hai no catálogo de GIPHY, dun xeito semellante a como fai Facebook cos seus comentarios, facendo así que as imaxes poidan ser máis divertidas e creativas.
As historias ábrense aos contidos cadrados ou en horizontal
Outra novidade que anuncian dende Instagram é que están a preparar a opción de poder compartir fotografías e vídeos nas historias nas súas dimensións orixinais, de xeito que cando teñamos contidos que non estean en vertical será posible publicalos sen recortalos. O espazo sobrante en pantalla completarase cun fondo degradado en cores acordes ao contido compartido.
