Os navegadores GPS son produtos que están en vías de extinción como produtos dunha única función, por mor da súa integración nos smartphones, e entre os factores que contribuíron a esta situación están os elevados prezos dos navegadores (máis caros que un teléfono) e os problemas para mantelos actualizados, o que vén de quedar moi claro co último anuncio de TomTom, fabricante que dá conta dunha serie de navegadores anteriores a 2013 que deixarán de recibir actualizacións dos mapas.
O anuncio non foi nada ben recibido, e tiveron que saír rapidamente a matizar que os novos dispositivos e os que teñen mapas vitalicios non están afectados polo cesamento do servizo de actualizacións de mapas, asegurando que só quedarán sen mapas os navegadores de vella xeración que carecen de recursos suficientes para traballar cos novos mapas e o novo software.
Concretamente deixan de soportar o navegadores TomTom START 20 con números de serie que comezan polas letras AO, os TomTom START 25 con números de serie que comezan por BK, os TomTom START 45 que con números de serie que comezan por GT, os TomTom START 55 con números de serie que comezan por GU e os TomTom START 60 con números de serie que comezan por WM, xunto cunha completa listaxe de navegadores dos que eliminan o soporte da súa serie completa formada polos modelos GO 750 (W7), XL 2nd Edition (RC/RI/RN/RV), XXL 530(RY)/535(RW)/540(RX)/550(GL) SERIES, ONE 4th Edition (PC/PF/PI/PL/PO/PQ), START (XB/XD/XF/XH), EASE (XI/XJ/XK/XL), PLUS (XN/XM), XL 4th Edition (GJ/GI/GK/GP), GO 1000 (TD/TB), GO 1005 (SF/SB), VIA 110(AG)/130(AV)/220(AQ), VIA 120 (AN/AU/FM), XXL CLASSIC SERIES (GQ), GO 700 (M5), GO 630 (JB), GO 720 (M6), GO 730 (J4), GO 740 (WR/WL), GO 750 (W4), GO I90 (DC), ONE IQ ROUTES (P1/PS/P2/PU), ONE 140 (RED) (PM), XL 3rd Edition (R1/RS/R2/R4/RU), GO 820 (FT) e GO 825 (FY).
Para deixar claro que non estamos ante un abandono dos seus produtos anticuados, dende TomTom explican que un mapa de Europa en 2010 ocupaba 1,6 GB e actualmente ocupa 6,5 GB, polo que os dispositivos que non contan con recursos dabondo non poden traballar cos novos mapas por limitacións de seu. Un argumento máis para que o investimento en navegadores GPS autónomo resulte algo pouco atractivo.
TomTom deixa de dar soporte a numerosos navegadores GPS de antes de 2013
Compartir Este Artigo
