A estrea da aplicación de Plex para Xbox One foi unha grande nova no seu día, xa que disparou o potencial da consola de Microsoft como produto para a reprodución multimedia no fogar, xa que facilitaba o acceso a contidos multimedia en Rede dun xeito moi semellante a como actualmente empregamos servizos como Netflix, ou sexa, explorando os contidos dun xeito moi visual e podendo gozar de características como o gardado do punto de reprodución onde teñamos deixado unha película ou unha serie de televisión.
Pero a última actualización da aplicación para Xbox One aínda consegue engadir máis valor á consola, xa que incorpora a compatibilidade con contidos con HDR, ou sexa, que se temos vídeos en HDR no nos ordenador ou nun servidor multimedia compatible, podemos gozar das súas melloras visuais se temos unha Xbox One S ou unha Xbox One X conectada a un televisor 4K con HDR.
A aplicación tamén estea a posibilidade de mudar o modo de visualización en función da resolución e da velocidade de refresco dos vídeos en reprodución.
Plex permite gozar de contidos HDR en Xbox One
Compartir Este Artigo
