Google abre finalmente o rexistro público de dominios de Internet co sufixo .app, ideais para dar a coñecer aplicacións móbiles ao mundo, e que agora poderán rexistrarse por calquera cunha condición especial: as páxinas web albergadas baixo dominios .app deberán operar baixo HTTPS.
Este novo dominio de primeiro nivel presume de seguridade (ao forzar a que as súas comunicacións sexan seguras mediante o cifrado), resulta doado de lembrar e, ao ser unha novidade, tamén abre posibilidades para que as marcas atopen libre o nome que buscan para as súas aplicacións.
Os dominios .app poden contratarse a través de rexistradores como GoDaddy, Gandi.net, Entorno Digital, OVH, 1&1, EuroDNS, Tucows e moitas outras compañías a prezos bastante variables que van dende pouco máis de dez euros o primeiro ano (p.ex. Google Domains cobra 14 euros/ano) a máis de 20 euros a renovación, cantidades bastante contidas para un dominio de primeiro nivel que nace cunha elevada demanda.
Xa podemos rexistrar dominios .app
Compartir Este Artigo
