Para localizar os chíos máis populares en Twitter funciona dende maio de 2009 o servizo Favstar, o que permitíanos consultar o mellor de cada usuario de Twitter ou, simplemente, recompilar os seus grandes éxitos.
O servizo conseguiu superar os 50 millóns de visitas ao mes, o que é todo un mérito para unha plataforma operada por unha única persoa, pero ao depender de Twitter, na súa forza ten tamén o seu punto feble, e dado que o método empregado por Favstar para conseguir a información sobre os chíos dos usuarios vai deixar de contar co soporte de Twitter o vindeiro 19 de xuño, a morte do servizo resulta inevitable, polo que anuncian que o servizo pechará o 19 de xuño e que retiran o seu programa de usuarios premium (reintegrando a cantidade pagada con antelación aos que vaian ter o servizo contratado despois da data de peche).
Tim Haines, responsable de Favstar, entendía o servizo como un lugar para o humor e a diversión, e aínda que dende Twitter é posible que acheguen as ferramentas que permitirían adaptar plataformas como Favstar, polo momento non achegaron detalles sobre os novos métodos de acceso aos datos nin o que cobrarán polos mesmos, situación de incerteza que Haines considera que non é asumible, polo que prefire despedirse con algo de antelación.
Favstar deixará de funcionar en xuño
Compartir Este Artigo
