Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A misión inversa do Clúster TIC Galicia saldouse con novas oportunidades de negocio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A misión inversa do Clúster TIC Galicia saldouse con novas oportunidades de negocio

Redacción
Publicado: 04/06/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mision_comercial_inversa_cluster.jpgFinalmente a misión comercial inversa organizada os días pasados polo Clúster TIC Galicia co obxectivo de amosar a empresas e entidades americanas e europeas (in situ) o potencial innovador das nosas firmas, saldouse en palabras da organización empresarial galega coa apertura de “novas oportunidades de negocio para o noso sector”. O Clúster lembra que as sete importadoras potenciais convidadas “mostraron gran interese polo traballo que se está desenvolvendo na Comunidade”.
O obxectivo da misión non foi outro que o de fortalecer pontes de colaboración e impulsar a actividade das nosas empresas de novas tecnoloxías nos países da outra beira do Atlántico e, tamén, da contorna europea. A estadía rematou o 24 de maio. Nela participaron sete empresas punteiras nos eidos das telecomunicacións, os medios audiovisuais, a consultoría e o desenvolvemento de software, procedentes de Latinoamérica, Canadá, Alemaña e Inglaterra. Pola nosa terra, o Clúster TIC contou co apoio de entidades como o Centro de Investigación TIC, o CITIC, ou do centro CiTIUS da Universidade de Santiago.
Durante o evento, leváronse a cabo xuntanzas bilaterais e actividades de traballo en rede entre os socios do Clúster TIC Galicia e as compañías internacionais convidadas. A través destas xeiras de traballo e de intercambio de experiencias, estreitáronse lazos comerciais e detectáronse oportunidades de negocio.
Entre as sete importadoras potenciais convidadas estiveron entidades con moita bagaxe en materia de transformación dixital de negocios, como The Server Labs (Inglaterra); Ceeq IT (Canadá), especializada na utilización do Machine Learning ou aprendizaxe automática no sector bancario e nas compañías aseguradoras; e GBTEC Software (Alemaña), que conta cunha innovadora ferramenta de BPM (Business Process Management), denominada BIC Platform, que segundo informa o Clúster TIC Galicia, xa se puxo en marcha como sistema de xestión automática de procesos en administracións públicas e empresas de todo o mundo.
O audiovisual tamén tivo un papel importante, coa presenza do director técnico de TCS (Telecorporación Salvadoreña), a empresa de medios de comunicación máis grande do Salvador e unha das máis innovadoras da contorna centroamericana; Azteca Comunicaciones, que conta coa rede de fibra óptica máis grande de Colombia e con servizos de televisión, Internet e telefonía para máis de 900 localidades e 2.000 institucións públicas; e GoLive Entertainmen Holding (Arxentina), cunha plataforma de OTT (Over-The-Top), que ofrece un sistema de streaming en alta definición, apps multipantalla e un acubillo de contidos con más de 8.000 títulos. Na misión tamén participou a compañía Adminex (Brasil), que ofrece solucións en administración (asesoría legal, contabilidade, recursos humanos) a empresas que queren establecer actividades no estranxeiro.
Segundo explica o Clúster, o encontro permitiu tamén atopar provedores, socios tecnolóxicos, e acadar acordos comerciais que reforzan un dos obxectivos principais do Clúster: visualizar Galicia como referencia en innovación tecnolóxica e I+D+i a nivel mundial e captar influencers no sector TIC internacional. O Clúster tamén salientou moi positivamente a participación do CITIC, o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña, cuxo responsable de Innovación e Transferencia Tecnolóxico, Manuel Bustabad, puxo en valor as capacidades do centro e as súas principais liñas de actividade en I+D+i. Tamén a xestora de I+D no CiTIUS, María Tenorio, explicou o compromiso do centro da USC no que traballa coa excelencia investigadora e a mellora continua na programación científica e na procura de financiamento e impacto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?