Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG celebra a X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O CPEIG celebra a X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Redacción
Publicado: 15/06/2018
16 Min de Lectura
Compartir
16 Min de Lectura

noite_cpeig_2018.jpgO Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou hoxe a súa X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia nunha cea de gala no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela. Preto de 350 convidados asistiron ao gran evento do sector TIC en Galicia, entre representantes do empresariado, da Administración Pública, do ámbito universitario e profesionais do sector tecnolóxico, entre os que destacan o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira; a secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella; o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio E. Abalde; e o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos; entre outros. O evento tivo como mestre de cerimonias ao humorista Carlos Latre, que amenizou a gala e presentou a entrega dos premios anuais do CPEIG.
latre_dfwbbvxwkaekaga.jpgA Noite é xa unha gala consolidada onde o CPEIG pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC. A gala contou con todo tipo de actividades destinadas a garantir a diversión dos asistentes, como un simulador de cine 9D e un simulador de penaltis, todo acompañado pola música en directo do grupo Musgalia.
Coa máxica cifra dos dez anos da Noite, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, iniciou o seu discurso agradecendo a presenza do gran número de empresas e profesionais das TIC, e por suposto, a colaboración dos máis de 50 patrocinadores sen os que non sería posible dar forma a este evento, destinado a dar visibilidade á profesión de Enxeñaría en Informática que ten un crecente impacto na vida das persoas, na creación de riqueza, e no desenvolvemento económico do país.

Fernando Suárez, presidente do CPEIG, no acto de inauguración do evento
Fernando Suárez, presidente do CPEIG, no acto de inauguración do evento
No actual contexto de cambio rápido, Fernando Suárez explicou que as fronteiras entre a vida analóxica e a dixital apenas se distinguen, cambiándoo todo para as persoas e as empresas, para a economía e a sociedade, apuntando que.«queremos estar conectados 24 horas ao día, os sete días da semana. Interactuamos entre nós, comunicámonos e compartimos información nas redes sociais, facemos as nosas compras en Internet e mesmo accedemos aos mellores médicos e os seus coñecementos a través da telemedicina e co apoio do Big Data e os sistemas cognitivos».
Parafraseando a Víctor Hugo e tomando o concepto da oportunidade como peza clave para o futuro das persoas que se consideran valentes, o presidente argumentou que actualmente estase achegando a cuarta revolución industrial, onde tecnoloxías como a Internet das Cousas, xenética, intelixencia artificial, realidade aumentada e virtual, robótica, nanotecnoloxía, vehículos autónomos, impresión 3D ou biotecnoloxía se están a desenvolver a un ritmo sen precedente, e sempre tendo como denominador común á informática. E neste punto, Suárez destacou o papel fundamental da dixitalización como proceso que vai mellorar a “eficiencia e a produtividade dos países”, cun posible incremento económico e de benestar social. Ademais, sinalou a importancia da transformación dixital do tecido empresarial, das Administracións Públicas e da cidadanía en xeral co obxecto de evitar fendas dixitais, isto unido á gran importancia da educación dixital para atender as novas demandas laborais. Salientou que «é responsabilidade de todos fomentar, reter e atraer talento, xa que é un recurso inesgotable que permite un maior progreso social».
Pero o punto de inflexión chegará da man da intelixencia artificial que cambiará radicalmente a sociedade. Fernando Suárez apuntou que gobernos e empresas deben ver a necesidade de apostar por esta tecnoloxía, onde os algoritmos e o seu desenvolvemento –tarefa dos informáticos– son absolutamente básicos e interfiren en cousas tan cotiás como a condución, onde a intelixencia artificial invade o sector da automoción para estar máis seguros ao volante. E é aquí onde pode xurdir o conflito entre o uso de robótica e o ser humano. Fernando Suárez sinala que para a construción da sociedade dixital é preciso establecer uns principios de «integridade, transparencia e compromiso», sempre coa premisa da regulación da profesión para que os informáticos poidan exercer de líderes do cambio.

Premios da X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

anoite_dfwth30xkaij8si.jpgO Colexio profesional premiou na categoría e-Inclusión ao proxecto Digitalizadas polos valores que fomenta ao desenvolver competencias tecnolóxicas que permiten a mulleres, especialmente da contorna rural, aumentar a súa influencia persoal e profesional en Internet. Os obxectivos son reducir a brecha de xénero, promover a inserción social e laboral das mulleres, protexer os seus dereitos e seguridade no eido dixital, e xerar unha rede de dixitalizadoras, é dicir, unha comunidade de mulleres con maior interese no uso da tecnoloxía para fomentar o emprendemento e o autoemprego, que aportan experiencias e referentes empresariais locais femininos. O programa foi posto en marcha pola Fundación Cibervoluntarios, Fundación Mujeres e Google.org, coa colaboración do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Recolleu o premio a coordinadora nacional da Fundación Cibervoluntarios, Alejandra Betegón Salamanca.
Na categoría de iniciativa Emprendedora a distinción recaeu na aceleradora Vía Galicia, por dar soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas, aportando capital semente, formación, infraestruturas e asesoramento intensivo. Vía Galicia é un ecosistema para emprendedores, situado en Nigrán e promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia. Esta aceleradora cre nas persoas e nas ideas e axuda a facer realidade un proxecto baixo un modelo de negocio rendible e sostible. Busca emprendedores con proxectos innovadores, acelerables, investibles e relevantes. Ata a data, Vía Galicia avaliou máis de 1.000 ideas de negocio, conta con 68 empresas aceleradas e 157 proxectos impulsados, cunha xeración de 338 postos de traballo. Recolleu o premio a delegada do Goberno na Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa Silva.
No premio iniciativa Empresarial, o CPEIG recoñeceu o labor de ISMS Forum por incentivar o fomento da seguridade da información a través da promoción do desenvolvemento, coñecemento e cultura da Seguridade da Información en España e actuar en beneficio de toda a comunidade implicada no sector. A Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS Forum Spain) é unha organización sen
ánimo de lucro fundada en 2007 e creada cunha vocación plural e aberta, que se configura como un foro especializado de debate para empresas, organizacións públicas e privadas, investigadores e profesionais onde colaborar, compartir experiencias e coñecer os últimos avances e desenvolvementos en materia de seguridade da información. ISMS Forum Spain ten xa a máis de 160 empresas asociadas e máis de 900 profesionais asociados polo que é a maior rede activa de organizacións e expertos comprometidos coa seguridade da información en España. Recolleu o premio o presidente de ISMS Forum Spain, Gianluca D’Antonio.
O premio Ada Byron, dirixido a mulleres enxeñeiras en informática, recaeu este ano en Miriam Pena Villanueva. O CPEIG valorou a súa meteórica progresión profesional, seleccionada pola plataforma Women 2.0 como unha das doce enxeñeiras máis importantes en Silicon Valle en 2018. A enxeñeira, natural de Bueu, traballa actualmente na compañía de software publicitario AdRoll en San Francisco (EEUU), onde desempeña a función de staff engineer -–enxeñeira de plantilla–, un dos postos máis relevantes dentro dunha compañía tecnolóxica onde se encarga de deseñar e implementar partes críticas da infraestrutura de ofertas en tempo real. AdRoll desenvolve solucións que conseguen que as persoas volvan a unha páxina de Internet publicando anuncios personalizados nos dispositivos, a web e as redes sociais.
Titulada por la Facultade de Informática de la Universidade da Coruña, Miriam Pena conta con máis de 10 anos de experiencia en sistemas escalables, de alto rendemento e concorrencia (execución de múltiples tarefas interactivas). Antes de traballar en AdRoll prestou consultoría especializada en Erlang –unha linguaxe de programación deseñado por Ericsson– en Suecia, España, Exipto e Estados Unidos para proxectos que van desde automóbiles ata redes sociais e telecomunicacións, polo que esta enxeñeira é considerada unha das maiores autoridades mundiais en Erlang.
O CPEIG quere, mediante a concesión do Ada Byron, visibilizar a participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía: como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación, investigadoras e líderes “dun sector que ten a responsabilidade e o compromiso de ir á cabeza na saída da actual crise económica”. Segundo o Colexio, as mulleres teñen que ocupar un lugar central na Sociedade da Información e do Coñecemento, posto que “só así se poderá garantir unha tecnoloxía e unha sociedade verdadeiramente igualitarias”. O premio Ada Byron recibe o nome da escritora e matemática británica (1815-1852) que describiu a máquina analítica de Charles Babbage e está considerada como a primeira programadora. Deduciu e preveu a capacidade dos ordenadores para ir máis alá dos simples cálculos numéricos.
Na categoría de iniciativa da Administración, o Colexio distinguiu ao Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), unha entidade de referencia para o desenvolvemento da ciberseguridade e da confianza dixital dos cidadáns, con especial interese nos menores, e tamén nas empresas, sobre todo en sectores estratéxicos. Esta sociedade estatal, dependente do Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital a través da Secretaría de Estado de Sociedad de la Información y la Agenda Digital, desenvolve ademais unha parte importante do seu traballo en colaboración coas Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado.
O CPEIG distingue a misión de INCIBE, destinada a reforzar a ciberseguridade, a confianza e a protección da información e a privacidade nos servizos da sociedade da información, aportando valor a cidadáns, empresas, Administracións, rede académica e de investigación española, sector das tecnoloxías da información e as comunicacións e sectores estratéxicos en xeral. Recolleu o premio a xefa de gabinete da Dirección Xeral de INCIBE, Beatriz Soto Álvarez.
No premio Traxectoria Profesional, o colectivo recoñece o percorrido profesional de Lucía Ardao Rodríguez. Licenciada en Informática e Máster en Telemática pola Universidade da Coruña, programa de Alta Dirección AMP da IE Business School e programa Executiva da Xunta de Galicia son algúns dos méritos académicos de Ardao.
Desde o inicio da súa carreira profesional en 1996, a súa traxectoria está vinculada a empresas do sector das Tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións, desde spin-offs a empresas de software e consultoras, ocupando distintos postos de dirección rexional e corporativa de unidades de negocio e operacións en empresas como Denodo Technologies, Softgal ou Tecnocom. Actualmente é responsable do Negocio de TI de Indra en Galicia.
Indra é líder mundial no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas integrais en campos como defensa e seguridade, transporte e tráfico, enerxía e industria, telecomunicacións e media, servizos financeiros, procesos electorais, e Administracións Públicas e sanidade e de transformación dixital a través de Minsait. No exercicio 2017, Indra tivo uns ingresos de 3.011 millóns de euros, 40.000 empregados, presenza local en 46 países e operacións comerciais en máis de 140 países.
En relación ao premio Colexiado de Honra, o CPEIG decidiu conceder esta distinción especial ao presidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática (CCII), Juan Pablo Peñarrubia Carrión. Anteriormente presidente do colexio valenciano, compaxina o seu labor colexial coa xefatura do departamento de Innovación na Deputación de Valencia. O Colexio galego ofrécese esta gran distinción por se un “traballador infatigable en busca da regulación da enxeñaría en informática e a defensa da profesión en todo o seu alcance”.
Nesta décima edición de A Noite, o CPEIG creou unha nova categoría, o premio 10º Aniversario de A Noite, distinción de agradecemento a empresas pola súa constancia no apoio ao longo destes dez anos de A Noite: Telefónica, Plexus, HPE, Bahía Software e Xunta de Galicia. Recolleron os premios a directora de Telefónica Galicia, Marta Menéndez Martínez; o conselleiro delegado e fundador de Plexus, Antonio Agrasar; o director comercial xeral de HPE Intel, César Vallecillo; o socio director de Bahía Software, Gustavo Gómez Martín; e a directora de AMTEGA, Mar Pereira Álvarez.
Finalmente, o CPEIG convocou o Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática. O galardón, que ten unha dotación económica de 1.000 euros para o traballo gañador –mentres que o resto de distincións recibirán unha estatuíña–, quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática. O premio recaeu en José Joaquim de Moura Ramos polo seu proxecto “Reconstrución 3D da árbore arterio-venosa da retina a partir de imaxes OCT” como traballo fin de máster na Universidade da Coruña. Ademais, os tres finalistas beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta. Mediante a organización deste premio, o ente colexial busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?