Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Escolares de Monfero e Brión gañan o concurso Aprendo Programando do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Escolares de Monfero e Brión gañan o concurso Aprendo Programando do CPETIG

Redacción
Publicado: 25/06/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ganadores_aprendo_programando_18.jpgXa temos os gañadores da terceira edición do concurso escolar Aprendo Programando, organizado polo Colexio de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) co obxectivo de integrar desde os primeiros niveis do sistema educativo o crecente uso das novas tecnoloxías. O certame, desenvolvido coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e Alvarellos Editora, recoñeceu finalmente o importante labor dos escolares do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero (A Coruña) e do IES de Brión (A Coruña). De feito, dous equipos destes centros resultaron gañadores, nas categorías de Primaria e de ESO, respectivamente. Os segundos premios en cada categoría foron para equipos do CEP Sequelo de Marín (Pontevedra) e do IES Ribeira do Louro de Porriño (Pontevedra).
A entrega de premios, celebrada este sábado en Santiago, estivo presidida por Juan Luis Miguéns, secretario CPETIG, e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora. En total, concorreron a esta edición do certame 72 equipos de Primaria e de ESO, que presentaron proxectos programados con Scratch, centrados na temática Patrimonio cultural europeo.
Na categoría de Primaria, o primeiro premio foi para o proxecto Viaxando por Europa do centro CPI Plurilingüe Virxe da Cela, realizado baixo a supervisión da profesora Camino Pereiro. E o segundo premio para A Catedral do CEP Sequelo, supervisado polo profesor José Antonio Pazos.
Na categoría de Secundaria, o primeiro premio foi para O entroido en Europa do IES de Brión, baixo a supervisión de Aída Fraiz. E o segundo premio para o proxecto Patrimonio Europeo do IES Ribeira do Louro, supervisado por Raquel Santaolalla.
Os premios consisten nun mBot, robot educativo; tabletas; exemplares do libro 50 anos de Baloncesto en Galicia, editado pola Federación Galega de Baloncesto; e un lote de libros de literatura infantil e xuvenil, editados por Alvarellos.
Como dixemos, Aprendo Programando ten como obxectivo “achegar a programación e integrar desde os primeiros niveis do sistema educativo a crecente utilización das novas tecnoloxías, como unha oportunidade para o alumnado de adquirir habilidades mentais, ligadas ao pensamento computacional, mediante a aprendizaxe da programación”, segundo informa o CPETIG.
As tres edicións celebradas confirman un interese cada vez máis grande pola iniciativa, considerada “un estímulo” tanto para o profesorado coma para o alumnado, que acada retos de superación a nivel persoal e colectivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?