O Concello de Carballo quere que este verán o lecer da cidadanía vaia ligado á lectura e, tamén, ás redes sociais. Con este motivo, puxo en marcha a campaña #biblionízate, unha iniciativa para poñer ás veciñas e veciños como “principais protagonistas das actividades da Biblioteca Rego da Balsa”. A proposta de impulso da lectura tamén quere mostrar “o que de dá de si unha biblioteca”, poñendo en xogo recursos para que os usuarios compartan co resto da comunidade dixital o que están a facer e, por suposto, o que están a lecer.
Para o devandito, terán que publicar unha foto do libro que os estea a “acompañar” estes días en calquera das redes sociais que o Concello-Biblioteca emprega, usando a etiqueta #biblionízate para que sexan localizables. Tamén se poden enviar as achegas á conta de correo biblioteca@carballo.gal.
O Goberno local tamén informa que esta semana os responsables da biblioteca estarán na Praza dos Libros, así que o xoves e o venres haberá horario reducido de 10.30 a 13.30 horas. Pola tarde, iso si, o servizo municipal terá presenza na caseta da Feira da Creatividade Cultural de Carballo, no Xardín Municipal, onde, sinalan, “teremos moitas sorpresas para vós”. Ademais, coa chegada do bo tempo (a fin de semana) comezaranse a habilitar novos puntos de intercambio de libros (bookcrossing) para todas aquelas persoas que esqueceran levar un libro á praia ou remataran a súa lectura e queiran encetar outro.
A Biblioteca de Carballo lanza campaña nas redes para incentivar a lectura este verán
Compartir Este Artigo
