
A xornada inaugúrase ás 9.00 polo reitor Julio Abalde, xunto co secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar.
Ás 9.45 é a quenda dunha mesa redonda moderada por Natalia Barros, directora do Plan Ferrol (IGAPE) e na que interveñen Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Rafael Suárez Pérez, director Navantia, Emilio Bruquetas, director Reganosa, José Ramón Franco Caaveiro, da Asociación Empresarios Ferrolterra, e Roberto Manuel Derungs, da Asociación Provincial de Empresas Siderometalúrxicas – Comarca de Ferrol.
Ás 11:45 horas celébrase outra mesa redonda: Ferrolterra: cara unha Industria Intelixente. Modera Araceli Torres Miño, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, e conta coa presenza de María José Mariño Fontenla, directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Óscar Gómez, xerente da Asociación Cluster do Naval Galego – ACLUNAGA, Pablo Rivera Somorrostro, presidente Asociación TIC Ferrolterra, Cristóbal Dobarro Gómez, presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal – COFER, e Daniel Pena Agras, doutor Enxeñeiro Naval, catedrático da UDC.
Ás 13.45 está previsto presentar casos de éxito da man de Carlos Merino, director da UMI UDC-Navantia, e Fran Bellas, enxeñeiro na spin-off Mint da Universidade da Coruña, responsable do desenvolvemento de Robobo, un robot educativo que permite que os nenos programen e traballen eficazmente (e dun xeito divertido) en todo de materias, como matemáticas ou física, entre outras.
O Campus de Ferrol envórcase hoxe coa industria intelixente
Compartir Este Artigo
