O pasado 5 de xullo a páxina web de emprego española Jobandtalent tería padecido unha intrusión informática que exporía os datos dos seus máis de 10 millóns de usuarios e, aínda que a información á que tiveron acceso non se considera sensible, procederon a obrigar aos seus usuarios a mudar de contrasinal.
A compañía asegura ter solucionado o problema inmediatamente tras detectar a intrusión nos seus sistemas, e tamén contactaron coa Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) para facilitar a investigación do acontecido. Aseguran que non é posible que padezan outra intrusión polo método empregado.
Haberá que agardar para coñecer máis detalles sobre o incidente e o seu impacto, pero o que parece seguro é que non favorecerá á imaxe de Jobandtalent, compañía que botou a andar como un sistema para revolucionar a busca de emprego e que foi mudando ata converterse practicamente nunha especie de Empresa de Traballo Temporal (ETT) en liña (aínda que tamén ofrecen outros servizos menos rendibles).
Unha intrusión expón os datos dos millóns de usuarios de Jobandtalent
Compartir Este Artigo
