O festival O Marisquiño, que se celebra en Vigo entre o 10 e o 12 de agosto xuntando seareiros da cultura urbana e os deportes extremos de todos os recantos da nosa terra e dos ámbitos estatal e internacional, volverá contar coa tecnoloxía de Parkapp para achegar as máximas facilidades de estacionamento aos participantes. A empresa, responsable da aplicación móbil do mesmo nome, estará presente no certame por cuarto ano consecutivo.
A súa colaboración materializarase en cousas como importantes rebaixas no aparcadoiro, que baterá récords en materia de tarifas low cost. O obxectivo: “Achegar un servizo extra de praza de aparcamento segura, cómoda e económica a todo aquel que se anime a asistir ao festival, considerado xa un evento de referencia a nivel mundial”.
Parkapp ofrecerá os seus servizos desde www.omarisquiño.com ou dende a ligazón específica da aplicación.
Parkapp, como lembraremos, é unha aplicación galega encamiñada a facilitar aos condutores a localización do aparcamento máis próximo (ademais de abranguer opcións de utilidade na apertura de garaxes ou de permitirlles coñecer os prezos de estacionamento e realizar reservas a través do teléfono móbil). Entre as cidades adheridas ao servizo atópase (precisamente) Vigo, que arrancou tirando proveito de Parkapp en catro parkings da cidade.
Parkapp recunca como aplicación colaboradora do Marisquiño
Compartir Este Artigo
