A realización de retransmisións en directo a través das plataformas sociais supón todo un reto a nivel de moderación dos comentarios dos usuarios, xa que pode supor todo un problema para quen realiza o directo como para o conxunto de espectadores por culpa de usuarios pouco respectuosos, que crean un ambiente tóxico.
No caso de Twitter, tanto a través da súa propia aplicación como de Periscope ten medidas que permiten expulsar dunha retransmisión a usuarios molestos, podendo os usuarios denunciar a súa conduta, e para favorecer o desenvolvemento da comunidade sen crear rexeitamento aos sistemas de retransmisión en directo, dende Twitter anuncian que a partires do 10 de agosto contarán cun sistema de revisión das denuncias presentadas, de xeito que se expulsan repetidamente a un usuario das conversas en directo por violar as normas de participación suspenderán a súa conta en Twitter.
Twitter busca así que as emisións en directo en Twitter e Periscope sexan un espazo seguro, na que usuarios que abusan das ferramentas de conversa en tempo real poidan aproveitar as dificultades da moderación en vivo para presentar comportamentos nocivos.
Twitter expulsará aos usuarios que abusen das conversas durante retransmisións en directo
Compartir Este Artigo
