Dende 2012 está a operar a compañía Vidpresso, que como principal obxectivo quería achegar as posibilidades das páxinas web ao vídeo, o que levou a desenvolver ferramentas para integrar as redes sociais en retransmisións televisivas e directos en liña, o que semella que convenceu a Facebook para facerse con esta pequena compañía para así enriquecer Facebook Live con novas posibilidades de interacción.
Até o momento Vidpresso traballaba con compañías como Univision, BuzzFeed, Turner Sports, NASDAQ, TED, NBC… deixando claro que a industria audiovisual confía nas súas solucións tecnolóxicas, de xeito que levar estar ferramentas a un público máis amplo de seguro que será positivo.
Dende TechCrunch aseguran que Facebook non mercou a compañía Vidpresso en si, senón que fíxose co seu equipo profesional (composto por só 7 persoas) e a súa tecnoloxía, que facilita a presentación en pantalla de enquisas, comentarios, gráficos e outros elementos en retransmisións de vídeo a través de distintas plataformas en liña (e incluso para a televisión tradicional), e que de pasar a formar parte de Facebook Live suporía a democratización deste tipo de ferramentas tan completas e atractivas para conectar coas audiencias a través da Rede.
Vídeo promocional no que amosan as posibilidades de Vidpresso
