Nos últimos meses comentábase que o 16 de agosto sería o día no que Twitter eliminaría os seus servizos de streaming, o que para os clientes de Twitter de terceiros supón o que algúns denominan a Twittapocalipse, pois a redución de funcións é tan elevada que practicamente supón a desaparición destas ferramentas e, de feito, varias xa deixaron de aceptar a novos usuarios hai semanas en previsión do desastre que hoxe fíxose efectivo.
A aplicación de terceiros máis popular a nivel mundial, Tweetbot para iOS, é unha das grandes afectadas dos cambios na API de Twitter, xa que agora xa non conta cunha cronoloxía actualizada en tempo real (senón que se actualiza cada 1-2 minutos); as notificacións de mencións e mensaxes directas chegarán agora con minutos de retraso; as notificacións de gústames, rechouchíos, novos seguidores e citas desactívanse de xeito provisorio; as pestanas de actividades e estatísticas elimínanse; e incluso a aplicación para Apple Watch suprímese totalmente.
Baixo estas condicións está claro que moitos usuarios terán que recorrer á aplicación oficial de Twitter, por non poder traballar cunhas condicións tan precarias, aínda que os usuarios menos intensivos, que simplemente prefiran a interface de Tweetbot, poderán continuar a empregar esta aplicación que agora non é máis que unha sombra do que era.
Entra en funcionamento a nova API de Twitter que limita seriamente as aplicacións de terceiros
Compartir Este Artigo
