
Esta tamén incorporará unha canle de comunicación cos cidadáns para que estes teñan parte activa na resolución dos problemas diarios relacionados con servizos e equipamentos. A plataforma contará con administradores, persoal municipal encargado da xestión de incidencias e técnicos responsables do seu mantemento e arranxo. A plataforma estará dispoñible para todos os navegadores web, para todos os sistemas operativos e para calquera tipo de dispositivo, tanto computadores persoais como smartphones ou tabletas. Segundo engadiu o edil, coa aplicación mellorarán de maneira ostensible os servizos de atención á cidadanía, minimizándose os tempos de resposta e posta a punto.
Lalín contará cunha plataforma activa para a resolución de incidencias
Compartir Este Artigo
