O Concello de Cambados presentou estes días unha nova páxina web para afianzar a comunicación cos veciños e a participación. Trátase do sitio específico do seu Obradoiro de Emprego para a renovación urbana e medioambiental, dispoñible en http://oe.cambados.es/ e definido polo Goberno local como unha nova fonte de información para achegar o traballo municipal á cidadanía.
Na presentación do sitio, o Concello encadrou a páxina acabada de estrear nun amplo e ambicioso proceso de dixitalización que se está a materializar na posta en marcha dun importante feixe de páxinas temáticas locais (o portal de Enoturismo, o de Transparencia, o do Viveiro de Empresas ou o da Oficina de Asesoramento ao Contribuínte, así como os distintos espazos propios nas redes sociais), no desenvolvemento e implementación da Administración Electrónica ou na activación da nova páxina web do Concello, dispoñible en cambados.es.
Polo que se refire á páxina sobre o Obradoiro de Emprego, informa polo miúdo sobre esta iniciativa local e as súas actividades, integradas nas políticas de inserción do Concello e nas que participaron unha vintena de alumnos, recibindo formación nas especialidades de carpintería da madeira e xardinería forestal. O desenvolvemento desta web, así coma dos outros sitios en liña temáticos, foi levado a cabo por persoal municipal, e “polo tanto non supuxo ningún custe extra para as arcas de Cambados”.
O obradoiro de emprego de Cambados estrea web
Compartir Este Artigo
