Imatia, empresa galega referente en desenvolvemento web e iniciativas de optimización dixital para empresas e administracións, fortalece nesta recta final de verán o seu compromiso coa formación e co emprego. Froito desta vontade, abre as portas das súas oficinas para impulsar o talento das nosas e nosos estudantes e profesionais nos eidos da informática (na sede de Vigo), desenvolvedor de software (tamén en Vigo), analista funcional (nas dependencias da Coruña) e desenvolvedor de proxectos tecnolóxicos (tamén na Coruña).
A idea de Imatia é dar oportunidades de formación e profesionais para sacar o mellor do noso talento. E todo “nunha empresa consolidada e en crecemento, totalmente comprometida cos seus clientes, que aposta polo coñecemento e a innovación, e busca crear unha contorna onde as persoas poidan crecer e desenvolver o mellor delas mesmas xunto cos demais”.
A metodoloxía empregada nesta estratexia de formación-inserción consiste nun programa integral dirixido a persoas desempregadas, que inclúe formación intensiva en perfís dixitais altamente demandados. De xeito complementario, facilítase a inserción dos participantes no programa en Imatia Innovation, S.L.
Quen queira máis información sobre estas oportunidades deberá poñerse en contacto coa empresa a travésde work@imatia.com indicando “interese unidades formativas” e o código de cada oferta (dispoñible na web de Imatia) no asunto e acompañando o envío co currículo e as cualificacións académicas, amais de calquera outra información que se considere relevante.
Imatia convoca á mocidade para impulsar o seu talento na empresa
Compartir Este Artigo
