Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: #Silverbullet18 profundará na dirección de proxectos e a xestión de persoas no ámbito tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

#Silverbullet18 profundará na dirección de proxectos e a xestión de persoas no ámbito tecnolóxico

Redacción
Publicado: 17/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

publico-silverbullet-1.jpgO vindeiro 27 de setembro vai ter lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet18, o II Congreso de Proxectos TI, que este ano ten como principal novidade a internacionalización dos seus contidos. Mentres a primeira edición serviu para facer unha prospección do panorama nacional, esta vez ampliarase o punto de mira ao escenario internacional, con experiencias que chegarán de Bruxelas e México, abrindo o foco de interese máis aló do horizonte do noso país.
Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), #SilverBullet18 está centrado nas novas tendencias na dirección de proxectos e xestión de persoas no ámbito TI e desenvolverase como un foro de debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión e dirección de proxectos TI, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área. O prazo de inscricións está aberto e poden formalizarse na páxina web do evento.

Relatores

relatores_silverbullet18.jpgA mirada internacional terá os nomes propios de Laurent Kummer, coautor da metodoloxía oficial de xestión de proxectos das institucións europeas, publicada en 2016 como OpenPM², e autor do best seller The Lean Project Management; e Santiago Vázquez, director do Instituto de Liderado do Tecnolóxico de Monterrei (México). O panel de relatores complétase con Santiago Cabaleiro, responsable de Valor Persoas do Grupo Visual MS, empresa viguesa premiada como Best Workplace 2017, e Rafa García, fundador de Valor 2.0 e experto en productividade persoal e contornas colaborativas.
#SilverBullet18 rematará unha mesa redonda, moderada por Berta Candendo, responsable de Content Factory en Netex Learning, para avivar o debate e favorecer a participación do público sobre as cuestións máis candentes, cunha comida networking que porá fin ao II Congreso de Dirección de Proxectos.
En definitiva, trátase de amosar as tendencias metodolóxicas do panorama internacional no eido da dirección de proxectos e, complementariamente, favorecer a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?