Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store inicia mañá a súa edición máis tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Pont-Up Store inicia mañá a súa edición máis tecnolóxica

Redacción
Publicado: 19/09/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

pontupstore_host_europe.jpgMañá comeza a programación do 5º Encontro de Emprendemento Pont-Up Store cun marcado acento tecnolóxico tanto nos emprendementos seleccionados como nas máis de 40 actividades propostas en distintos puntos da cidade de Pontevedra. O programa comezará a desenvolverse ás 11:00 cun dos pratos fortes desta edición, o primeiro dos dous obradoiros I am Remarkable que Google vai impartir por primeira vez en España durante este encontro. O obxectivo do obradoiro é empoderar mulleres e convidalas a que celebren os seus logros no ámbito profesional. Esta actividade está dentro dos obxectivos de visibilización do papel da muller na empresa, marcados para este ano pola organización. Unha facilitadora dirixirá esta actividade que ten como público obxectivo a mulleres que queiran emprender ou que estean na procura de emprego. Celebrarase na aula do segundo andar da Casa das Campás o xoves 20 en horario de 11:00 a 12:30 horas e o venres 21 en horario de 12:30 a 14:00 horas. Os dous obradoiros teñen un aforo máximo de 15 mulleres.
Ademais, Google impartirá tamén unha charla inspiracional baixo o título Tips para a túa marca persoal + Mentorías Exprés impartida pola experta Loreto Gómez que enfocará a sesión a mostrar as claves da xestión da marca persoal e orientar na creación dunha estratexia para conseguir os nosos obxectivos profesionais. Ao remate da sesión informativa será posible consultar dúbidas con ela en sesión individuais. Terá lugar o xoves de 17:00 a 18:45 horas, tamén na Casa das Campás. O público obxectivo son homes e mulleres que queiran emprender ou redirixir a súa carreira, pero está aberto a calquera persoa. O aforo é de 50 persoas.
De 11:30 a 13:30 horas, no andar baixo da Casa das Campás, dentro do espazo de programación ECOBAS, a Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP ofrecerá unha sesión de traballo para emprendementos sociais baixo o título Recursos interactivos para a creación e consolidación de proxectos e entidades de economía social e solidaria: O canvas social.
A pouca distancia da Praza de España, na Sala X da Facultade de Belas Artes, o Fab Lab Laboratorio Creativo achegaranos a oportunidade de vivir a experiencia da fabricación dixital de instrumentos musicais, a creación dun Theremin e de pedais de distorsión par guitarras con Arduino. Será unha sesión de traballo en continuo, de 16:00 a 20:00 horas, que continuará o venres durante toda a xornada.
No Espazo Gaming que estreamos este ano e que estará instalado na Aula de Informática da Casa das Campás, desenvolverase de 16:30 a 20:30 un Obradoiro práctico de creación de assets para videoxogos.
Para pechar esta xornada de apertura, no Espazo de Desenvolvemento de Competencias e do Ecosistema Emprendedor, teremos a oportunidade de asistir ao obradoiro que organiza A Redeira dentro do formato familias creativas, sobre o tema Lideirándote onde as persoas participantes poderán poñer en común as súas lideiras, soños, necesidades e inquedanzas no ámbito do emprendemento; e aprender o que hai que facer para que deixen de ser lideiras.

A carpa do Talento Transformador

ilustracion_pontupstore_2018.jpgO punto central deste encontro volverá ser a carpa situada na Praza de España o venres 21 e sábado 22 de setembro, onde será posible coñecer as mellores iniciativas de emprendemento do país e participar nas actividades de dinamización que se desenvolverán no espazo central. A organización seleccionou 45 emprendementos entre un total de 144 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un 10% máis que na anterior edición.
Este ano, ademais, duplicouse o número de empendementos do ámbito tecnolóxico e incrementouse notablemente a calidade das iniciativas, o seu potencial de desenvolvemento, o carácter social e o enfoque sostible de moitas delas. Esta edición confirma tamén un mapa galego de emprendemento cada vez máis equilibrado entre as cidades e o rural, que achega o 40% do total das propostas. As novas tecnoloxías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da saúde e o benestar, o turismo, o téxtil, a gastronomía, a cosmética e a xestión cultural.
Destas 45 empresas, 37 contarán cun expositor gratuíto para mostrar os seus produtos, ideas e servizos, e 6 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, desenvolvendo propostas tan interesantes como un obradoiro de preparación de alimentos con impresión 3D, un taller de lectura con cans, un obradoiro de robótica organizado por R e Líbolis para aprenderlles a pequenas e pequenos de entre 7 e 13 anos a montar un Stick Arcade baseado en Raspberry PI, torneos de videoxogos, técnicas de pigmentación prehistórica, un showcooking de receitas saudables, ou a presentación da nova cooperativa Músicas ao Vivo, que rematará co concerto de The Soul Breakers.
A protagonista desta edición, a emprendedora Kore, estará tamén presente a través de accións performativas que terán lugar en diferentes localizacións durante os tres días do encontro. Como imaxe desta edición, Kore visibiliza á muller como emprendedora e acompaña un programa planificado con perspectiva de xénero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?