A fragmentación do mercado dos Smart TV converteuse en todo un problema para os fabricantes, incapaces de estar á altura de LG e Samsung á hora de ofrecer aos seus usuarios un amplo catálogo de aplicacións actualizadas, e esta situación favoreceu a adopción dunha plataforma neutra, promovida por Google, Android TV, que entrou no mercado con moita discreción, pero que semella estar a consolidarse, se atendemos ás declaracións da súa directora senior de produto, Shalini Govil-Pai, quen asegura que veñen de superar o cento de operadores de televisión de pagamento a nivel mundial que facilitan o acceso ao seus contidos a través de Android TV.
Govil-Pai sostén que actualmente hai «decenas de millóns» de consumidores, principalmente en Europa e Asia, empregando Android TV para acceder a aplicacións de reprodución audiovisual, destacando que máis da metade dos usuarios da plataforma chegan a través de operadores (na liña do que acontece en Galicia con R, que emprega Android TV no seu descodificador 4K).
Temos así que Android TV non só facilita o acceso a YouTube e Netflix, senón que tamén hai outras plataformas de contidos aproveitan o ecosistema de Google para subministrar os seus servizos.
Os operadores están a xogar un rol importante na adopción de Android TV
Compartir Este Artigo
