Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola de Enxeñería Industrial de Vigo celebrará unha 5ª edición da súa Competición de Robots
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A Escola de Enxeñería Industrial de Vigo celebrará unha 5ª edición da súa Competición de Robots

Redacción
Publicado: 16/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_robots4.jpgO vindeiro 26 de abril a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo acollerá a quinta edición da súa Competición de Robots, que na súa traxectoria superou os 3.000 participantes en preto de 600 equipos. En colaboración coa rama de estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers e a sección de estudantes da International Society of Automation da Universidade de Vigo, o concurso volverá xuntar na escola a centos de estudantes das ensinanzas secundarias obrigatorias, bacharelato e titulacións superiores na procura dos mellores robots autónomos, deseñados, construídos e programados por elas e eles.
Despois do éxito de participación acadado edición tras edición, pasando dos 500 estudantes e 110 equipos da primeira aos 1.000 participantes e 170 equipos do ano pasado, o director da Escola considera moi difícil continuar incrementando o número de alumnas e alumnos, aínda que continúan a aspirar ao incremento do número de centros participantes con algunha directriz introducida nas bases para dar máis xogo a esa cuestión, xa que consideran positiva a participación dun maior número de colexios e institutos, que teñen de prazo ata o 31 de xaneiro para inscribirse na competición
Un ano máis o alumnado dos centros participantes concorrerá ao certame en dúas categorías: WALL-E, para estudantado matriculado en calquera curso de ensino secundario (ESO e Bacharelato) e R2D2 para estudantes de titulacións superiores (ensinanzas de Formación Profesional e titulacións universitarias, ademais doutras persoas interesadas). No primeiro caso, o alumnado deberá montar e programar un robot móbil partindo dun kit básico proporcionado pola organización (mBot Robot Educativo 2.4G), facilmente programable con Scratch e compatible coa plataforma open source Arduino. Pola súa banda, na categoría R2D2, as e os participantes deberán crear robots cun tamaño máximo da envolvente dun cubo de 20 centímetros de lado, un peso máximo de 1.500 gramos e con sensorización, forma, cor e configuración de tracción libre.
A competición mantén a tónica de edicións anteriores, pero incorpora algunha novidade como pasos de cebra na proba coñecida como Barrendeiro (incrementando a dificultade) e a incorporación dun novo sistema de cronometraxe para as probas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?