Lucas Vázquez, futbolista do Real Madrid e da selección española de fúbol, e Santiago Rey, director xeral do grupo galego Televés Corporación, presentaron hoxe en Madrid a nova antena Ellipse do fabricante compostelán, un dispositivo dotado de tecnoloxía intelixente e deseñado de xeito específico para acadar unha óptima recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT) no contexto do Segundo Dividendo Dixital (que é a nova sintonización de canles da TDT, que obrigará, en palabras de Televés, á adaptación das instalacións de recepción antes do 31 de marzo do ano que vén).
A antena Ellipse é a tecnoloxía das súas características máis avanzada de Televés. Segundo fixo saber o grupo galego, benefíciase de toda a potencialidade da tecnoloxía TForce para garantir unha óptima recepción da TDT en calquera circunstancia, e está chamada a ser a antena de referencia de fronte ao Segundo Dividendo Dixital. Entre outras características, é quen de adaptarse de maneira automática e en tempo real ás condicións de recepción, optimizando o rexeitamento da banda LTE (4 G/5 G), o que significa a eliminación de calquera interferencia, mesmo nos límites da banda da TDT.
Santiago Rey salientou a satisfacción de Televés por contar con Lucas Vázquez para apoiar o lanzamento. Sinalou que “Lucas Vázquez representa os mellores valores do deporte, como a procura da excelencia, o esforzo diario e o traballo en equipo, cos que Televés identifícase plenamente”.
Lucas Vázquez presenta a gran aposta de Televés para o Segundo Dividendo
Compartir Este Artigo

