Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Aulas CeMIT celebrarán o Día da Internet Segura cunha programación especial de actividades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

As Aulas CeMIT celebrarán o Día da Internet Segura cunha programación especial de actividades

Redacción
Publicado: 01/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dia_internet_segura_2019.jpgA Rede CeMIT celebrará o Día da Internet Segura cunha programación especial de actividades das Aulas CeMIT, sumándose así a un evento que se ven celebrando desde o ano 2004 na Unión Europea e que actualmente conmemórase internacionalmente.
As actividades programadas desde a Rede CeMIT co gallo deste día teñen como obxectivo principal apoiar a creación dunha Internet máis segura e mellor, para convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxía de modo máis responsable, respectuoso, crítico e creativo.

Actividades programadas

Ao longo do día 5 de febreiro, terán lugar as seguintes charlas programadas na rede CeMIT grazas á colaboración dos aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020: AETG, AGASOL, o CPEIG e o mentor dixital D. José M. Lozoya:

  • Aula CeMIT de Barreiros, Lugo, impartida polo aliado dixital AETG
  • Aula CeMIT de Pontedeume, A Coruña, impartida polo aliado dixital AETG
  • Aula CeMIT de Redondela, Pontevedra, impartida polo aliado dixital AETG
  • IES A Guía, de Vigo, impartida polo aliado dixital AGASOL
  • Aula CeMIT de Celanova, Ourense, impartida polo aliado dixital CPEIG
  • Aula CeMIT de Leiro, Ourense, impartida polo aliado dixital CPEIG
  • Aula CeMIT de Pontevedra, impartida polo mentor dixital D. José M. Lozoya

Ademais, na semana centrada nesta data internacional desenvolveranse noutras aulas CeMIT de Galicia diversas actividades como son:

  • Aula CeMIT de Abegondo, A Coruña (día 5 e 6 de febreiro): realizará unha actividade propia e impartirase unha charla coa colaboración dun Cibercooperante do programa Internet segura for Kids do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad).
  • Aula CeMIT de Castro Caldelas, Ourense (do 4 ao 7 de febreiro): desenvolverá diversas charlas, proxeccións de vídeos, xogos e dinámicas de grupo.
  • Aula CeMIT de Fisterra, A Coruña (12 de febreiro): impartirase unha charla coa colaboración dun Cibercooperante do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad)
  • Aula CeMIT de Ribadeo, Lugo, participarase nun seminario en liña (webinar) sobre o Uso seguro de Internet: precaucións e métodos de protección, en colaboración co programa CyLdigital da Junta de Castilla y León.

O único requisito para poder asistir a todas estas actividades de balde e programadas nas aulas CeMIT é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello ou vía web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?