
A cita conta ademais co patrocinio da empresa Sequra, especializada en pagos por Internet e pago para comercios, e coa colaboración da firma Ekomi, referente en valoracións de servizos e produtos para as tendas online.
Segundo informa MeigaSoft, a xornada ten un obxectivo duplo. Por unha banda, presentar as novidades que vai ter o produto Velfix.es para 2019, enfocadas a lograr que o comercio galego sexa cada vez máis competitivo e aumente a súa presenza no mundo en liña. Por outra banda, pero tamén co obxectivo de aumentar a rendibilidade e fortaleza dos seus clientes, Meigasoft anunciará os seus acordos de colaboración con dúas grandes empresas de presenza internacional que achegarán, nas súas palabras, “moito valor aos empresarios galegos”. Trátase das devanditas Sequra e Ekomi.
Como dixemos, a xornada ten a previsión de reunir a máis de 50 comercios referentes na venda offline / online, que xa traballan con Meigasoft e teñen contratado o produto Velfix, que lles permite facer cousas tan relevantes como xestionar a súa tenda física e as súas tendas dixitais ademais de poder vender nos marketplace (Amazon, Spartoo, Ebay …). Trátase, en palabras de MeigaSoft, “dun produto global que inclúe un programa de xestión para puntos de vendas TPV, unha tenda online profesional e sistemas para a integración nos portais de vendas”.
A xornada dividirase en catro partes co comezo da conferencia ás 11:00 da mañá. Abrirá as quendas Norman Benzoni, director de mercadotecnia en MeigaSoft, explicando as novidades tecnolóxicas e a nova solución para o comercio Velfix. Seguirá Miguel Ángel López, responsable de vendas en Sequra, sistema avanzado de pagos para ecommerce e tenda física para incrementar vendas, conversión, tickets e reducir abandonos de carriño. A continuación será a quenda de Alvaro Blanco, responsable para España da empresa Ekomi, referente en valoracións certificadas dos servizos e produtos para os comercios online. Pecharase a xornada cun cócktail entre convidados e relatores.
MeigaSoft mostrará as novidades do seu sistema de xestión Velfix ante medio cento de empresas
Compartir Este Artigo

