O BNG presentou en Arzúa unha aplicación móbil participativa que permite facer contribucións aos programas electorais de gobernos. A ferramenta, aberta á cidadanía en xeral, foi dada a coñecer polo candidato á alcaldía da viña coruñesa, Xoán Xesús Carril, e máis por Lucía López e Manuel García, integrantes do grupo local do BNG. No acto tamén participou Lidia Castro, responsable comarcal de Galiza Nova.
Carril sinalou que a aplicación, aplicable a todos os concellos, responde á vontade de achegárense á sociedade actual e os espazos onde esta se comunica e constrúe propostas sociais: nas redes e nas novas tecnoloxías. Recentemente foi dada a coñecer a ferramenta para a contorna das Mariñas, para A Estrada, para Vilalba e tamén para Lugo, entre outras localidades.
O obxectivo, dixo Carril, “é facilitar que calquera veciña ou veciño poida facernos chegar dunha maneira sinxela as súas propostas”. Segundo engadiu, a descarga da aplicación é completamente de balde e pódese facer escaneando o código QR que se publicará nas redes sociais e nas cartelerías do BNG que se distribuirán en Arzúa e noutras localidades, ou ben poñendo os termos “Programa BNG 2019” na Play Store.
O BNG presenta en Arzúa a súa app para construír colectivamente os seus programas
Compartir Este Artigo

