O Instituto Tecnolóxico de Galicia deu a coñecer hoxe as potencialidades do programa de xestión de recursos Auto-Enerxía 4.0, que bota man de novas tecnoloxías da información para dixitalizar a enerxía e permitir dispoñer de ferramentas que leven a cabo un seguimento e un control eficiente. O sistema de xestión, con grandes posibilidades para sectores como o do motor, foi dado a coñecer na asemblea xeral de CEAGA (Clúster de Empresas de Automoción de Galicia) por Santiago Rodríguez Charlón, director da División de Enerxía do ITG.
O obxectivo do instituto ao desenvolver esta tecnoloxía e presentala perante a industria do motor foi responder ás necesidades concretas de doce das empresas que conforman CEAGA, e achegar solucións personalizadas a cada unha delas para que se poidan extrapolar a outras empresas do sector. Algunhas das medidas específicas propostas redundaron nun aforro enerxético de ata o 5% no total do consumo da planta de produción.

O ITG quere revolucionar o motor cun novo sistema de xestión enerxética smart
Compartir Este Artigo

