O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG, xa comezou cos preparativos da súa celebración anual, a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, a gran festa das novas tecnoloxías da nosa terra. A nova cita será no Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, o 28 de xuño. A gala contará coa presenza do actor galego Luis Zahera, que oficiará de mestre de cerimonias.
As actividades darán comezo ás 20.00 horas co cóctel de benvida, que dará paso á entrega dos premios convocados anualmente polo CPEIG, cos que se distinguen as mellores contribucións das empresas, entidades e profesionais da nosa terra ao impulso tecnolóxico galego, á igualdade e o noso progreso TIC. De seguido, comezarán a cea de galega e (sobre as 23.30 horas) a actuación musical.
O evento ten o obxectivo de achegar un punto de encontro para todas e todos os colexiados, estendendo este espazo común de celebración do coñecemento e a innovación aos responsables das empresas TIC da nosa terra e das entidades públicas con competencia directa ou indirecta no dixital.
Comeza a quecer motores a nova Noite da Enxeñaría en Informática
Compartir Este Artigo

