
Na cita, que se celebra esta semana (ata hoxe) cunha importante presenza de expertos e líderes do sector da robótica, participa o responsable de Vídeo Intelixente de Cinfo, Omar Álvarez, quen intervén este xoves nos relatorios explicando como funciona o software de ortorrectificación do sistema multicámara embarcado da empresa galega, que mellora a calidade das imaxes e convérteas nun plano cartográfico capaz de reproducir con fidelidade un terreo, con independencia da orografía. Isto é posible grazas á integración dunha ferramenta de ortorrectificación que emprega os parámetros de situación e orientación da aeronave e os da cámara para proxectar unha imaxe sobre unha representación 3D do terreo ceibada de distorsións xeometricamente.
Segundo engade Cinfo, este sistema multicámara posibilita a captura, procesado, gravación e transmisión de vídeo desde aeronaves (drons e helicópteros) en pleno voo, permitindo coñecer a tempo completo o que acontece durante unha misión de rescate. “Os desprazamentos aéreos gravados”, explica a firma galega, “pódense visualizar en formato multicámara ou a pantalla completa, con metadatos sobreimpresionados”. Amais, o software dispón tamén dun motor de procura que permite aos usuarios atopar calquera información precisa sobre calquera voo.
A solución de Cinfo está a ser usada hoxe no programa Civil UAVs Iniciative, impulsado pola Xunta para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAV) no ámbito civil e na mellora da prestación de servizos públicos, e cuxo obxectivo é “converter Galicia nun polo aeronáutico de referencia en Europa”.
Cinfo presenta en Global Robot Expo o seu sistema multicámara embarcado para salvamentos
Compartir Este Artigo

