
Segundo informan as entidades impulsoras da cita (a UDC, a asociación ecoloxista ADEGA, a Fundación Alcoa), “o Encontro Solar é unha xornada de celebración na que organizamos un xantar colectivo, xuntando o maior número posible de fornos e cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotable, e tamén, á degustación de pratos variados cociñados co sol”.
A visita ao CITIC (guiada por J. M. Giz, técnico superior de mantementos da UDC) está prevista para as 12.30 horas, logo da montaxe dos fornos e de comezar a preparar o xantar. A continuación celebrarase un xantar colectivo e unha degustación de comida popular. Amais, ao longo da xornada está prevista unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares e unha visita á exposición itinerante A Enerxía Solar da man de ADEGA.
O CITIC mostra a súa aposta polo sustentable no novo Encontro Solar da UDC
Compartir Este Artigo

