Televés, histórico referente galego en desenvolvemento de equipamentos de telecomunicación, presentou esta semana os detalles de Ellipse, unha nova antena de televisión xorde directamente do seu compromiso coa mellora de servizos e experiencias dos usuarios e que salienta, en primeiro lugar, pola súa capacidade para suprimir calquera tipo de interferencia ou problema de conexión.
Trátase dunha antena intelixente que incorpora unha nova estrutura mecánica integramente inoxidable e un innovador deseño concibido (alén dos logros estéticos, que son visibles) para optimizar a recollida e concentración do sinal e achegar unha feitura unificada e compacta das diferentes estruturas.
A nivel de funcionamento, é quen de marcar as distancias con respecto ás antenas tradicionais porque ten capacidade para captar o sinal sen importar a calidade do sinal UHF (Televisión Dixital Terrestre ou a distancia co repetidor). A eliminación de interferencias conséguese coa nova xeración da tecnoloxía TForce con filtro SAW presente en Ellipse, que logra maior calidade na entrada e saída de sinal, eliminado interferencias, como as provenientes da telefonía 4G/LTE. Segundo informa a compañía compostelá, todas estas melloras de servizo son posibles grazas a que a antena conta cun rendemento mellorado do sistema BOSSTech e a tecnoloxía TForce, “o que permite dotar ao aparello de intelixencia e capacidade de autoaxuste”. Así, o dispositivo logra regularse de forma automática, en función do nivel do sinal recibido, de maneira que o nivel de saída emitido sempre sexa o óptimo.
Televés impulsa unha antena de TV intelixente que é quen de eliminar interferencias
Compartir Este Artigo

