
Será a partir das 10.30 horas no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Amais da presentación do catálogo, na cita afondarase nos atrancos e posibles solucións para a habilitación destas infraestruturas tecnolóxicas nos cascos históricos “contando coa visión de todos os axentes implicados”.
Baixo o título O estado actual dos servizos de telecomunicacións nos cascos históricos, desenvolveranse dúas mesas de debate, a primeira ofrecerá a Visión de Patrimonio e posibles solucións coa intervención de representantes da organización non gobernamental, asociada á UNESCO, ICOMOS, do Consorcio de Santiago, do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da Dirección Xeral de Patrimonio.
A segunda mesa centrarse na Visión dos operadores e do estado actual coa participación do director-xerente do operador público autonómico RETEGAL e representantes de Movistar, Vodafone, Orange e R. Finalmente, pecharse o encontro expoñendo as principais conclusións da xornada.
O encontro está dirixido aos profesionais, tanto do ámbito dos despregues, como operadores, fabricantes de equipos, instaladores, como a empresarios e profesionais das concellos das áreas de urbanismo e patrimonio. Os interesados en participar deben inscribirse antes do 20 de xullo a través da conta de correo electrónico cascoshistoricos@retegal.gal.
O documento a presentar
O documento, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o operador público RETEGAL e a Dirección Xeral de Patrimonio é, nas súas palabras, “o punto de partida para darlle resposta á falta dun procedemento estandarizado para o despregue de fibra óptica en cascos históricos”. Para a elaboración desta guía partiuse do caso concreto de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello, co Consorcio de Santiago e cun equipo multidisciplinar, integrado por arquitectos, enxeñeiros de Telecomunicación e técnicos proxectistas especializados en fornecementos de fibra óptica, elaboráronse unha serie de “propostas viables e extrapolables a outros conxuntos históricos”. Entres as solucións que ofrece a guía están o trazado por cornixa, o soterramento ou o despregue da fibra óptica a través das redes de saneamento.
O reto da Rede nos cascos históricos xunta hoxe a operadores, instaladores e administracións
Compartir Este Artigo

