O Concello de Santiago vén de adxudicar o servizo da oficina técnica do proxecto intelixente da cidade, o proxecto SmartIago, por un importe de 338.800 euros (IVE incluído). Estes e outros datos sobre os vindeiros pasos de Compostela en materia tecnolóxica e dixital foron dados a coñecer polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que engadiu a primeira fase do programa conta cun orzamento de case 6,2 millóns de euros, do que 5 proceden de fondos europeos. O resto vén da man da Administración local e a autonómica.
Segundo engadiu o novo rexedor, o volume de actuacións executadas a día de hoxe ao abeiro do proxecto é “de aproximadamente 40.000 euros dos máis de 6 millóns”. A intención do actual equipo de Goberno é imprimir a maior rapidez aos procedementos proxecto para “executar en dous anos e catro meses o 99,3% do SmartIago”.
Como lembraremos, o proceso de licitación da oficina técnica comezou hai algo máis máis de un ano, da man do Executivo de Martiño Noriega. Segundo fixo saber o daquela rexedor, a iniciativa abrangue tres liñas estratéxicas definidas: a xestión sustentable e intelixente dos residuos sólidos urbanos, a mobilidade intelixente sustentable, e o alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio. En termos máis xenéricos, SmartIago busca transformar Compostela nunha Cidade Intelixente: unha capital galega máis sustentable e optimizada e mellor comunicada e xestionada.
Adxudicada a oficina técnica do proxecto smart de Compostela
Compartir Este Artigo

